If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O cárcere a debate. Xornadas de Portas Abertas na antiga cércere da Coruña

Plataforma Proxecto,Xornadas,Portas Abertas,Antigo,Provincial,LIBERDAD,Eacute,Liberdade,Coruna,Proxecto,Abertas,Dende a Plataforma,Xornadas de Portas,Abertas no Antigo,Provincial da Coru,Plataform,Plataforma,Portas, Dende a Plataforma Proxecto Cárcere convidámosvos a participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de Xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de Xuño ás 18h30.

Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construcción da nosa comunidade.

As xornadas son un paso mais nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidimos constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara a recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensamos as xornadas como unha oportunidade de debatir e reflexionar sobre a construcción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin teremos debates abertos á participación de tódalas persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestion e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construcción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.

Alén da programación de actividades (programa disponibel en breve) tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É . Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografia, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19h15 despois da leitura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere.

+ info en http://proxectocarcere.blogaliza.org/

[+]info:
http://corunacity.com

352 dias 14 horas 26 minutos 31 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.