VENRES 4 XUÑO 21:00H. ENTRADA: 6
Para os que non os coñezades, déixovos a súa biografía, copiada da web oficial do grupo: LAMATUMBÁ Van xa uns cantos anos, en marzo de 1998, un grupo de amigos xuntaron as súas inquedanzas nunha bodega de Moreiras . Desta xuntanza naceu LAMATUMBÁ. Pronto comezaron a se pasear polos torreiros de Galicia ofrecendo unha mestura de ritmos de aquí e de alá que non deixaba que os pés quedaran no sitio. O mesmo caía unha cumbia que un reggae, un ska que un pasodoble, e todo misturado cunha premisa fundamental: a festa, a verbena, e o poder de denunciar o que fose necesario, pero sen perder o sorriso.
Despois de tres anos de levantar pó polas festas, e xa seguidos por un público cada vez máis numeroso, entran a gravar o seu primeiro traballo Pachangüílanuí (Xingreira 2001), e comezan a compartir escenario con xente coma Manu Chao, Mau Mau, Barón Rojo, Hechos contra el Decoro. Mesmo aparecen na banda sonora de series da TVG coma Terras de Miranda.
Cunha formación xa estable, comezan a tocar xa fóra de Galicia, incluindo entre outros o concerto de Nunca Máis en Madrid, e unha xira coma teloneiros da banda arxentina Bersuit que os leva polas mellores salas de todo o estado.
Despois de esta experiencia, marchan a os estudios Gárate (Gipuzkoa) para, xunto con Kaki Arkarazo, gravar Lume (para que saia o sol) (Falcatruada 2005), que os consolida coma un dos nomes de referencia no panorama musical galego, e fai que xa non sexa raro ver o seu nome nos festivais máis importantes de Galicia, xunto con nomes da casa (Guezos, Ruxe Ruxe, Galegoz, O Jarbanzo Negro, Cempés, Skárnio ) coma de fóra (Betagarri, Rosendo, Asian Dub Fundation, US3, Rinoçerose...) Tamén son o primeiro grupo galego en gravar un videoclip para a nova andaina do programa de TVG Xabarín Club.
Moitos concertos máis tarde, a principios de 2007, hai un novo cambio na formación, á que se incorporan Sergio (voz), Rafita (guitarra eléctrica), e Nico (trompeta), que se unen a Txitxas (batería), Puntxa (percusión), Pedro (baixo), Tonhito (guitarra), Iván (saxo), Ángel (saxo e clarinete), cos que seguen a recorrer todo o estado, con cada vez mellor acollida fóra das fronteiras galegas. Participan en festivais tan importantes coma o Senglarock, compartindo cartel con bandas coma The Toasters, Fermín Muguruza, Sepultura, Sidonie, etc. Para rematar o ano participan na feira de música máis importante de Europa, o Popkomm, en Berlín. A finais de 2007, e coas pilas mais cargadas que nunca, entran nos estudios Casa de Tolo para, da man de Segundo Grandío, gravar o seu 3º álbum, Paraugas Univeral (Pai-Música 2008), có que seguen facendo mover os pés e as conciencias a base de rock, ska, funky, merengue, cumbia e calqueira ritmo que consiga encher os espíritus da festa en todos os escearios ós que os poida levar a súa furgoneta. Tras unha intensa xira de case 2 anos por toda Galiza, España, Portugal e Francia, na que actuaron en festivais como Cruilla de Cultures (Mataró), Castillo de Ainsa (Huesca), Interceltique Lorient (Francia), Tom de Festa (Portugal), Festigal (Galiza) , ademais de un gran número de salas e festas maiores de toda a península, e donde compartiron cartaz con bandas como Gogol Bordello, Manu Chao & Radio Bemba, Macaco, Boikot, Huecco, Betagarri, Caravan Palace, D´Callaos ou La Pegatina , a principios de 2010 voltan ao estudio de gravación para grabar o seu 4º disco: A ÓRBITA DA BANDA HIPNÓTICA, o novo e mais ambicioso proxecto de Lamatumbá, no que a banda está mais implicada que nunca. Un novo traballo que verá a luz a finais de marzo de 2010, grabado en Muu! Estudios de Vigo, baixo a produción de Pedro Feijoo e a propia banda. PARAUGAS TOUR 08/09
Sala Capitol (Santiago D.C.)
Vai de Camiño (Melide Galiza) + Supersandwich + Xochilmica
Expo 2008 (Zaragoza Aragón) + Deluxe + The Ellas
Festigal (Santiago D.C. Galiza) + The International Noise Conspiracy + Caravan Palace
Noites no Castelo (A Coruña Galiza) Manani Rock (Vilanova i la Geltru Catalunya) + Pepet i Marieta + 20 Duros
Festival Castelo Rock (Muros Galiza) + Jabón Blue + Salida Nula
Alfaroleiros (Oleiros Galiza)
Festas de Vilagarcia (Vilagarcia Galiza) + Gogol Bordello
Nsaio no Camiño (Boiro Galiza) + Som do Galpom + Chotokoeu
Festas da Peregrina (Pontevedra Galiza)
Festival do Castro (Pantón Galiza) + Loretta Martin + Quempallou + A Banda de Poi
Vai de Camiño (Portomarín Galiza)
Festas de Canido (Vigo Galiza)
Festas de Porriño (Porriño Galiza) + Galegoz + Pantanito
Mundo DZ (San Sadurniño Galiza) +Balakandra + Sweet Oblivion Band + Som do Galpom
Festival Solidario (Narón Galiza) + Complices + Rumbo Tupá
Festa de Economicas (A Coruña Galiza) + Ruxe Ruxe
Fiesta del Libro (Monzón Aragón) +El Tumbao + Azero
Sala Solanet (Graus Aragón)
Festa Selección Galega (A Coruña Galiza)
Sala 600 (Melide Galiza)
Sala La Telonera (Granada Andalucia)
Sala Palo Palo (Marinaleda Andalucia) + Sanchez no te enganches
Sala Malandar (Sevilla Andalucia)
Sala Coliseo (Pontedeume Galiza) +DCallaos
Factoria Darts (Terrassa Catalunya)
Sala Jai-Alai (Huesca Aragon)
Festa da Chuvia (Ribeira Galiza) +Galegoz + Bodega Bodega + 3 Trebòns
Sala LP45 (Ordes Galiza) Programa de la TVG
Sala La Mirona (Salt Catalunya)
Gala Premios Audiovisual Galego (Pontevedra Galiza)
Sala Clap (Mataró Catalunya) + La Pegatina
Festa Major Porqueres (Catalunya) + The Kluba
Sala Nasa (Santiago D.C. Galiza) + Som do Galpom
Festival de Cans (Porriño Galiza)
Gaztetxe de Alsasua (Euskadi)
Sala Salamandra (Hospitalet Catalunya)
Festival Irmandinho de Seixalbo (Ourense Galiza)
Festival Cruilla de Cultures (Mataró Catalunya) + Manu Chao + DCallaos
Festival Tom de Festa (Tondela Portugal) + Chico Cesar
Festival Castillo de Ainsa (Ainsa Aragón) + Macaco + Huecco
Festival Arreaocabo (Celeiro Galiza) + Boikot + Betagarri
Vai de Camiño (Redondela Galiza)
Festival Interceltique de Lorient (Lorient Francia)
Festival Irmandiño (Moeche Galiza)
Fiestas de Barbastro (Barbastro Huesca)
Fiestas de Ribeira (Ribeira Galiza)
Fiestas de Palas de Rei (Palas de Rei Galiza)
Fiestas de Monzón (Monzón Huesca)
Cine Teatro de Estarreja (Estarreja Portugal)
Espaço DOrfeu (Agueda Portugal)
Casa da Moagem (Fundao Portugal)
Sala Capitol (Santiago d.C. Galiza)
[+]info:
http://carralxoven.com
