O FSGal terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 5, 6 e 7 de decembro de 2008, un mes antes da celebración do Foro Social Mundial que este ano terá lugar en Belém do Prá en Brasil.O Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.
O lema: Pensar e construir alternativas desde Galiza. Máis de 100 adhesións, 12 debates autoxestionados por 32 movementossociais, 2 debates plenarios, 10 horas de audiovisuais, presentación de14 publicacións e campañas reivindicativas; concertos, actividadesculturais, feira de asociacións, asemblea de movementos sociais.
+ info en www.forosocialgalego.org
[+]info:
http://carralxoven.com
