If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Nova edición da Carreira Popular de Carral

Novembro,maioresLugar,CarralDistancia,mOrganiza,Asociacion Xuvenil Mil,Carral- Inscripcions,Carreira,REGULAMENTO XERAL,Oscorredores,Prebenxamin,Benxamin,Infantil,Cadetes,Xuvenis,Promesa,Absoluto,Veteranos,Superveteranos,Circuito,Data: domingo, 15 de Novembro de 2009
Hora: 11:30 h nenos, 12:00 h maiores
Lugar: Campo da Feira, Carral
Distancia: 8.700 m
Organiza: Asociación Xuvenil Mil e Pico de Carral
- Inscripcions ata unha hora antes da carreira. - Entrega de de dorsais ata media hora antes. - Carreira infantil antes da carreira principal. REGULAMENTO XERAL
1. A carreira celebrarase o vindeiro domingo 15 de novembro. O comezoestá previsto para as 12 da mañá (circuito grande; o circuito pequeno,para os nenos, comezará ás 11.30 horas) 2. As inscricións realizaranse por; mail. milepico (arroba) hotmail (punto) com ; ou atamedia hora antes do comezo da carreira na zona de saída. Para que ainscrición sexa válida haberá que deixar os seguintes datos (nome eapelidos, DNI. Data de nacemento, localidade e clube (no caso depertencer a algún). 3. No momento da inscrición a organización facilitará un dorsal asícomo os medios para que estea visible durante toda a carreira. Oscorredores que se inscribiran previamente, deberán recoller o seudorsal no punto de inscrición 15 min. antes da proba. 4. A liña de SAÍDA , de META e o punto de inscricións estará situado no Campo da Feira de Carral . 5. A organización establecerá as seguintes categorías (tanto masculino coma feminino).Nados nos seguintes anos: Prebenxamín(2002 en diante), Benxamín (00-01), Alevín (98-99), Infantil (96-97),Cadetes (94-95), Xuvenís (91-93) , Promesa (87-90), Absoluto A (73-86),Absoluto B (60-72), Veteranos (44-59), Superveteranos (antes do 43). 6. O percorrido será distinto segundo as distintas categorías.
Circuito pequeno: 1.800 m. (categorías benxamín, alevín, infantil e cadete).
Circuito grande: 8.700 m. Para o resto das categorías. A categoría prebenxamín realizará un percorrido de 300-400m. polo Campo da Feira. 7. A organización establecerá puntos de control e avituallamento ó longo do percorrido. 8. A organización, premiará cun trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademáis, todos oscorredores/as que rematen o percorrido, serán agasallados polaorganización cunha camiseta. 9. Os corredores serán acompañados por alomenos dous vehículos da organización, un irá abrindo a carreira e outro irá pechandoa. 10. A entidade organizadora, a A.X. Mil e Pico non se fai responsable dos danos que poidan causar ou causarse os participantes . 11. Todos os participantes, polo mero feito da súa inscrición aceptan este regulamento.

[+]info:
http://carralxoven.com

940 dias 8 horas 5 minutos 36 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.