If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Carral acolle o domingo un Clínic de Ciclismo no Campo da Feira

Os amantes da bicicleta teñen hoxe  domingo unha cita en Carral.A partir das 11:30 da mañá impartirase no Campo da Feira de Carral unclinic de ciclismo aberto a toda a poboación.

Os asistentes terán a posibilidade de aprender técnicas de conduciónasí como manobras de reparación e as normas para unha correctacirculación en estrada. Os coñecementos teóricos comezarán a xornada eimpartiranse no salón de plenos do concello a cargo de JesúsCarballeiro-campión galego de mountain bike en 2004-. Os participantespoderán poñelos despois en práctica nun circuíto no Campo da Feira.

Esta iniciativa foi organizada pola Concellería de Deportes, a cargode a edil Beatriz Gómez Bouzas, en colaboración co Xacobeo. Ao final damañá sortearase material ciclista entre os asistentes. A entrada élibre e non é necesario apuntarse con antelación.

[+]info:
http://carralxoven.com

1275 dias 13 horas 4 minutos 26 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.