O Concello de Carral, a través da súa Concellería de Cultura, abriu o prazo para inscribirse na viaxe cultural que terá lugar do 7 ao 10 de agosto. Os participantes terán ocasión de visitar o recinto que acolle a Expo 2008, adicada á auga, así como de coñecer Zaragoza e outros lugares de interese cultural de Aragón e de Castela-León. O prezo para os empadroados en Carral é de 290 euros, mentres que os non empadroados pagarán 340 euros. Estes últimos inscribiranse en lista de espera para cubrir prazas non ocupadas por residentes no municipio. O prezo inclúe aloxamento en réxime de media pensión, transporte en autocar, e algunas das comidas dos catro días que dura a viaxe. As persoas interesadas en reservar praza deberán achegarse á Casa da Cultura, aboando a metade do prezo. As prazas son limitadas, e o prazo para inscribirse está aberto ata o 15 de marzo.
[+]info:
http://carralxoven.com
