If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Oleiros logra abaratar o custo do servizo de lacería un 72%

Concello,Oleiros,Consorcio,Aacute,Seoane,Concello de Oleiros,Consorcio das Mari, O Concello de Oleiros logrou abaratar o custo do servizo de recollida de animais de compañía nun 72%. A recollida dun can supoñía antes un gasto para o propietario de 150 euros, mentres que agora custa 43 euros. Este enorme abaratamento logrouse tras propoñer ao resto de concellos que compoñen o Consorcio das Mariñas levara a cabo este servizo de forma conxunta. Ademais, o novo servizo de lacería inclúe unha opción de hotel para cans que supón un custo para os veciños e as veciñas que desexen utilizalo de 4 euros diarios. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mostrouse satisfeito esta mañá co logro obtido ao consorciar este importante e custoso servizo. «Isto é unha demostración máis de que a través do Consorcio das Mariñas se pode mellorar a xestión municipal e abaratar custos de todos os concellos que o compoñemos», sinalou o rexedor.

Concello de Oleiros.

[+]info:
http://oleirosxoven.com

341 dias 21 horas 0 minutos 42 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.