If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

VII Xornada GNU/Linux de Ordes

A asociación Inestable.org anuncia que os vindeiros días 1 e 2 de abril de 2010 terán lugar as VII xornadas de GNU/Linux de Ordes. Este ano o lugar onde terá lugar a celebración destas xornadas será o local social da asociación na Casa de Cultura de Ordes, habilitado grazas á inestimable colaboración do Concello de Ordes.

Ademais dun completo programa de relatorios, durante a celebración destas xornadas farase tamén unha demostración da vertente máis lúdica do software libre poñendo a disposición de todos os presentes dúas plataformas de baile e micrófono, para poder desfrutar dos xogos:

Stepmanía: Simulador do clásico xogo de baile arcade "Dance Dance Revolution" UltraStar De Luxe: Xogo inspirado no Singstar™ para a Playstation® e Frets on Fire: Xogo de características similares ao coñecido Guitar Hero™ O programa completo das xornadas será o seguinte:

Xoves 1 de abril 10:00-1030 Presentación: da asociación, do seu plan anual de actividades e das xornadas.10:30-12:00 Introdución ao software libre 12:00-14:00 Introdución á liña de ordes 16:00-20:00 (In)Seguridade Wifi + fabricación de antenasVenres 2 de abril 10:00-14:00 Deseño gráfico 16:00-17:30 Introdución á robótica e á plataforma de hardware libre Arduino 17:30-19:00 Mesa redonda sobre as redes sociais A entrada a estas xornadas é completamente libre e non se precisa inscrición.

Fonte mancomun.org

[+]info:
http://carralxoven.com

785 dias 14 horas 39 minutos 17 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.