Aínda que se olvidan, os dirixentes do concello de Culleredo, coma no resto do país, son escollidos polos veciños, e como tal, o seu cargo conta con data de caducidade (/reflexion).Seguro que vos percatastes que, Culleredo está cheo de vallas publicitarias por todas partes. Eu o único que quero é coñecer a normativa que regula a súa instalación.Comprobade a resposta que me da o concello ó respecto:Primeiro déixovos a miña petición: Ante a gran cantidade de vallas publicitarias que pululan polo concello, e situadas a maior parte das veces ENCIMA DAS ACERAS e a simple vista con un impacto visual POUCO TURISTICO.Solicito ó concello:-1- Se me informe da normativa ó respecto, tanto a da ordenanza municipal como doutra norma superior sobre o tema de vallas publicitarias.-2- As MEDIDAS E DISTANCIAS que deben cumplir a instalación das mesmas, e onde están publicadas.-3- O órgano competente superior ó que acudir unha vez recibida resposta a fin de continuar o procedemento ante o mesmo.A CONTESTACIÓN DO CONCELLO:En contestación o escrito presentado en data 2010/286 en relación coa instalación de carteis publicitarios, comunícaselle: que este concello ten adxudicado desde 27 de setembro de 2001 o contrato para a concesión administrativa para la explotación publicitaria mediante cateleiras de gran formato e outros sopoertes publiciarios del suelo titularidade municipal á empresa Equipamientos Urbanos SA.Firma Narciso Marzoa Martínez
Como ledes, preguntas nada complicadas que debería coñecer o concellal do ramo. Pero pasan ampliamente DE CONTESTAR, ante o cal, mañán venres voltarei por alí, a repetir o mesmo noutro idioma quizáis opte por inglés, francés ou portugués, poida que así me entendan. Non descarto chegar algún día a coñecer a resposta a estas preguntas aínda que teña que acudir a Meneame, Chuza, Facebook, Myspace, Tuenty, Buzz ou á presa escrito.
Xa veremos así, se pasan tanto....
[+]info:
http://culleredoxove.com