|
Carral acolle o domingo un Clínic de Ciclismo no Campo da Feira |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
10/08/08 |
|
Os amantes da bicicleta teñen hoxe domingo unha cita en Carral.
A partir das 11:30 da mañá impartirase no Campo da Feira de Carral un
clinic de ciclismo aberto a toda a poboación.
Os asistentes terán a posibilidade de aprender técnicas de condución
así como manobras de reparación e as normas para unha correcta
circulación en estrada. Os coñecementos teóricos comezarán a xornada e
impartiranse no salón de plenos do concello a cargo de Jesús
Carballeiro-campión galego de mountain bike en 2004-. Os participantes
poderán poñelos despois en práctica nun circuíto no Campo da Feira.
Esta iniciativa foi organizada pola Concellería de Deportes, a cargo
de a edil Beatriz Gómez Bouzas, en colaboración co Xacobeo. Ao final da
mañá sortearase material ciclista entre os asistentes. A entrada é
libre e non é necesario apuntarse con antelación.
Votar favorito (58) | Visto: 1156
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |