Subvencións para a renovación de instalacións
eléctricas de baixa tensión no interior de edificios e vivendas habitadas en
Galicia. Estas axudas diríxense á renovación de instalacións eléctricas que
foran executadas e postas en servizo con anterioridade ao 1 de xaneiro de
1975. Data límite
para executar as actuacións que fosen obxecto de subvención e para xustificar o
correspondente investimento é o 30 de outubro de 2008. Prazo de presentación de
solicitudes: do 17
de abril ata o 16 de maio de 2008, ambos incluídos.
As
solicitudes, xunto coa documentación, presentaranse nos rexistros da Consellería
de Innovación e Industria, así como nos de calquera outro órgano da
Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que
integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito
o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
Publicación: DOG Nº 73, Mércores
16 de abril de 2008
Máis
información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/61bd2b3d771fd087c125742c0076c2cf/$FILE/07300D005P023.PDF
Páxina web oficial
da consellería (www.conselleriaiei.org), no
seu punto de axudas. Delegación Provincial da Coruña: 981 18 49
04.
Para cuestións
xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de
información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43
41. Noticia via concello de Cambre.
Votar favorito (46) | Visto: 1425
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |