Inicio arrow Asoc. Ecolog. Adega
Tamaño letra
A+ | A- | Reset
Usuarios
Inicio
Inicio Inicio
Mapa del sitio
Nuestra localidad
Calendario de eventos
Directorio local
Buscar en este sitio
Mas ...
Chat Chat
Libro de visitas
Anuncios gratis
Foros Foros
Encuestas
Usuarios de la web
Fotos de los usuarios
Ads Google
Empleo
Ofertas de empleo
Entretenimiento
Postales para enviar
Chistes diarios
Traduce con google
Horóscopo
Juegos
Recomendamos
Webs útiles Webs útiles
Escriben
admin (141 art.)
Antonio (17 art.)
anxo (15 art.)
El enterrador (3 art.)
gelines (28 art.)
Thor (3 art.)
Otros blogs
www.corunacity.com
www.culleredoxove.com
www.carralxoven.com
www.cambrexoven.com
www.oleirosxoven.com
www.betanzosweb.com
www.melidexove.com
Webs amigas
 



Google

Asoc. Ecolog. Adega
Novas de ADEGA
Adega RSS

  • Práticas mafiosas en Quilmas contra os opositores ás piscifatorías
    3 de setembro de 2008. Este venres ADEGA e veciños de Quilmas denunciaron ante o SEPRONA as obras de tapado da tubería de vertido da Piscifactoría de Quilmas (Carnota). Unha pala mecánica amorea rochas da costa (protexida pola Rede Natura) sobre a tubería de vertido da planta para disimular e facer menos visíbel a auga contaminada procedente da piscifactoría de Stolt. Logo desta denuncia, atentaron por oitava vez en poucos meses contra as propiedades do presidente da Plataforma de Quilmas. Estes actos vandálicos repítense de xeito recurrente sempre que denunciamos actividades agresivas ou vertidos da piscifactoría de Stolt en Quilmas, que o Plano Acuícola vai ampliar de 25.000 a máis de 280.000 m2. Ao noso entender, estas accións tampouco son alleas á recente aprobación dun Plano Acuíola que lexitima e fomenta as práticas contaminantes destas empresas por toda a costa.

  • Batería de iniciativas contra a barbarie acuícola
    Segue... (index.php?option=com_content&task=view&id=1065&Itemid=2)

  • Remate da exposición ART-NATURA en Compostela
    Do 2 ao 9 de setembro. A exposición Art Natura, na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este martes 2 de setembro ás 20h na sala de Exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). No acto estará presente unha representación dos/as artistas colaboradores/as xunta á Presidenta de ADEGA, a Concelleira de Cultura de Compostela e a Delegada da Consellería de Cultura e Deporte. A exposición permanecerá aberta dende o día 2 até o 9 de setembro. É da derradeira ocasión de visitar unha mostra que estivo 2 anos xirando polo país e na que colaboran a Concellería de Cultura de Compostela e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente. Estades todos convidad@s! Mira os cromos

  • Lamas de depuradora vertidas sen control en Montederramo
    Montederramo, 29 de agosto de 2008. As lamas de depuradora que están a provocar notábeis molestas aos veciños de Marrubio, neste concello ourensán, fican estradas sen control e mesmo pódese ver como as vacas deambulan libremente entre elas. Esta nova mostra de desidia no tratamento destes refugallos, que teñen elevadas cargas de metais pesados e outros contaminantes, amosa o descontrol por parte de Medio Ambiente que permite a súa vertedura en fincas particulares.

  • Touriño impón un Plano Acuícola que convertirá a costa nun polígono industrial de cemento e plástico
    augas contaminadas (index.php?option=com_content&task=view&id=534&Itemid=2) ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados (index.php?option=com_content&task=view&id=776&Itemid=2).

  • Chamado aos voluntarios/as para protexer o Courel dos lumes
    O Courel, 27 de agosto de 2008. Ante os recentes lumes que afectaron de xeito importante a determinadas áreas do Courel estase habilitando un dispositivo especial de voluntariado coa fin de disuadir aos desalmados incendiarios de prender lumes intencionados nesta importante área natural do noso país. Teléfone voluntariado: 900 400 800. Preme no título para máis información.

  • A praga do carballo Altica quercetorum rexistra unha alta incidencia no curso medio do Miño
    Compostela, 26 de agosto de 2008. A praga do carballo Altica quercetorum está a afectar de xeito importante ao interior da provincia de Ourense e de Lugo. Altica é un escarabello que produce a defoliación sobre todo do carballo (Quercus robur) pero tamén afecta a outras especies como a abelaira (Corylus avellana) e os amieiros (Alnus glutinosa) entre outros. ADEGA non recomenda o uso indiscriminado de pesticidas xa que a fumigación sistemática pode afectar a insectos beneficiosos, incluidos os predadores do Altica. A maior incidencia desta praga nos últimos anos podería ser outro síntoma do cambio climático.

  • O Eume, encalado a perpetuidade para corrixir a acidez
    Trasancos, 25 de agosto de 2008. Anos de vertidos mineiros e obras que ninguén controla causaron unha acidez crónica que se agravará co macrolago d´As Pontes. Membros de ADEGA-Trasancos realizaron novas medicións de pH no Eume e en varios afluentes. O pH do río Lavadoiro chega a 2,41 canda as obras da autovía Ferrol-Vilalba. Esta acidez, comparábel á de entornos extremófilos, conleva a prática morte do río. A causa: o incumprimento da Declaración de Impacto Ambiental pola concesionaria das obras, que obrigaba a dispoñer balsas de decantación para impedir vertidos con pH<5,5. Mais esta non é a única causa da acidez do Eume: no encoro da Capela amoréanse as lamas vertidas sen control pola mina durante decenios.

  • ADEGA realizará un estudo sobre alternativas profesionais no medio natural do Courel
    Lugo, 21 de agosto de 2008. ADEGA está a realizar un estudo promovido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pertencente á Consellería de Traballo, co obxecto de analisar as posibilidades de emprego en termos de sustentabilidade que ofrece, pola súa singular riqueza natural o Concello de Folgoso do Courel, e por extensión esta comarca do interior de Galiza. É posíbel compatibilizar o desenvolvemento económico do Courel coa protección do medio natural, e xerar emprego con iniciativas baseadas na conservación.

  • O Castelo de Pambre: outro Ben de Interese Cultural que permanece pechado ao público
    Palas de Rei, 18 de agosto de 2008. No pasado domingo 17 de agosto (Día da Galiza Mártir) celebrouse a V edición da Marcha Irmandinha coa reividicación da apertura do Castelo de Pambre para o público e coincidindo coa 1ª Festa do Patrimonio. A marcha discurriu dende Palas de Rei (capital do concello) até o Castelo en Pambre. Veciños/as e asociacións da comarca e ADEGA reclaman a tutela pública deste BIC, para que non esmoreza fronte á desidia dos seus propietarios.


Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons