carralxoven.com
A FESTA DO PEÓN
Cunha “tirada xeral” rematou este mediodía no pavillón do colexio Jorge Juan de Perlío o acto central do “Día do Peón”, organizado conxuntamente por Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional) e o Concello de Fene. Alumnos e alumnas dos colexios Mosteiro de Caaveiro (A Capela), do C.P. de Esteiro (Ferrol) e da Jorge Juan (Fene) tomaron parte nesta festa na que falou, como pregoeiro, o escritor e xornalista Ramón Loureiro. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego,  e varios concelleiros/as do Goberno Municipal, sumáronse tamén á celebración.
“Cando era neno, para facer bailar os peóns, a corda non se envolvía na madeira como se envolve agora (…) Nós faciamos que a corda pasase polo ferrón dúas veces, e non unha. Tensándoa, ademais, arredor do perucho, para que, cando se lanzaba, o peón, grazas ás leis da física e tamén a certas maxias, xa comezase a virar con máis forza, coma se tivese alma”. Coa maxia da que Ramón Loureiro falaba no seu pregón,  trescentos sesenta peóns xiraron este mediodía en Fene (ao mesmo tempo que se bailaron en moitos recunchos de toda Galicia), atendento a unha nova convocatoria de Brinquedia.
A celebración do Día do Peón comezou en Fene cunha visita dos nenos e nenas participantes a unha exposición sobre a historia deste xogo (cedida por Amics de la baldufa de Barcelona) e con distintos obradoiros de elaboración e decoración de peóns, celebrados nas instalacións do CCRD de Perlío.
Nunha segunda parte do acto (no pavillón da Jorge Juan) e trala lectura do pregón, os pequenos/as escoitaron e bailaron a canción do peón, ademais de asistir á presentación da viñeta elaborada polo debuxante fenés J.C. Sardiña.
Ao remate, contra as doce e media da mañá, todos os presentes participaron nunha “tirada xeral” de peóns.
O lume sagrado  por Ramón Loureiro
Ídesme permitir empezar, hoxe, cunha curiosidade. Porque resulta que se me estaba acordando unha cousa que esquecera hai anos: que cando era neno, para facer bailar os peóns, a corda non se envolvía na madeira como se envolve agora. Polo menos, non se facía así na miña escola, que estaba non moi lonxe de aquí, ao pé da igrexa de Santa Mariña de Sillobre, onde hai unha fonte que ten o único San Ramón sen barba que esxixte no mundo.
Nós faciamos que a corda pasase polo ferrón dúas veces, e non unha. Tensándoa, ademais, arredor do perucho, para que, cando se lazaba, o peón, grazas ás leis da física e tamén a certas maxias, xa comezase a virar con máis forza, coma se tivese alma.
(Pero en fin, nada, no fondo todo isto non son senón nostalxias. O que verdadeiramente importa é que os peóns, dunha maneira ou doutra, seguen virando. E iso porque, a dicir verdade, non viran por si mesmos, senón porque estades vós para bailalos.)
A min, teño que confesárvolo, gustaríame facer unha demostración agora, e lanzar un peón, pero non son capaz de facelo.
Intenteino hai un par de días, cando estiven practicando, pero nada: caíame co perucho para abaixo.
De feito, e iso tamén volo confeso, nin sequera de neno souben bailalo moi ben.  O meu era unha cousa bastante modesta.
Pero agora, incluso aquelas pequenas artes primeiras, de brillo ben escaso, xa só forman, para min, parte do pasado. ¡Que lle imos facer...!
Mais, aínda así, non deixa de ser para min un motivo de inmensa alegría ver que os peóns seguen virando. En primeiro lugar, e deixádeme de novo subliñalo, porque sodes vós os que os bailades. E en última instancia, porque para min, coas súas voltas, estes xoguetes son hoxe son unha máquina de tempo. Unha ventá aberta a iso que antes vos mencionaba: o que xa esquecera.
GRANDES FIESTAS EN HONOR A SAN RAMÓN EN CASTELO
¡¡GRANDES FIESTAS EN HONOR A SAN RAMÓN !!
SÁBADO 20 | VIERNES 26 | SÁBADO 27 | DOMINGO 28 // AGOSTO 2011
en CASTELO
Programa de festejos:
* SÁBADO 20 DE AGOSTO
La Asociación Castelo Deporte vuelve a traernos a partir de las 22:00 h. una nueva edición del CASTELO MUSIC FESTIVAL, que en este 2011 contará con las formaciones SKARALLAOS, GLASGOW y SINESTESIA más los DJ"s FARMER y ARXEN. Previamente al mediodía tendrá lugar un concurso de tortillas y postres, amenizado por una sesión vermouth. Más información de este evento en la página web www.castelomusicfestival.c​om
* VIERNES 26 DE AGOSTO
A partir de las 20:00 h. GRAN (MACRO)-CHURRASCADA que amenizará el grupo de baile FARAGULLAS y el de gaitas MOLLADIÑOS de Teixeiro.
Después, espectacular gran verbena a cargo de la orquesta PANORAMA y el grupo CICLÓN. En el transcurso de la noche se realizará además un SORTEO DE UN FIN DE SEMANA EN UN HOTEL GOLF BALNEARIO en la Ribeira Sacra, con una ruta en catamarán por el río Sil incluida.
Una vez terminada la verbena, la fiesta continuará hasta que el cuerpo aguante a altas horas de la madrugada en el “DISCO-BOCHINCHE”, donde sonarán los más bailados éxitos musicales del momento.
* SÁBADO 27 DE AGOSTO
Misa solemne a las 13:30 h. Por la noche, una nueva gran verbena a cargo de la orquesta BLUESTAR a partir de las 23:00 h.
* DOMINGO 28 DE AGOSTO
Dianas y alboradas recorrerán todos los lugares de la parroquia durante toda la mañana; así como se celebrarán misas en la capilla en honor a San Ramón. Al término de éstas, el cierre de las fiestas lo pondrá un DÚO MUSICAL que amenizará una sesión vermouth.
* Bochinche trabajado por la Comisión de Fiestas.
* Bebidas de primeras marcas. Precios populares.
* Aparcamientos situados cerca del campo de la fiesta.
¡TOD@S ESTÁIS INVITAD@S! ¡NOS VEMOS EN LAS GRANDES FIESTAS EN HONOR A SAN RAMÓN DE CASTELO!
Festas na honra de San Ramón en Castelo Culleredo
Venres 28: A partir das 20:00h, Gran Churrascada e verbena coas orquestras Versalles e Sintonía de Vigo. Actuación das Cantareiras de ARdebullo, Mucha e Nucha
Sábado 29: Verbena coa orquestra La Oca
Domingo 30: misas durante a mañán en honra a San Ramón e sesión vermú co dúo Duo. (GPS: 43.247005, -8.386198)
Festas de San Ramón en Guísamo
Domingo 30: sesión vermouth e verbena con Orquestra Nueva Generación. Luns 31: Pola tarde haberá xogos intantís a partir das 6. Verbena con Fania Blanco Show.
Martes 1: As 12 Romaría popular e ás 5 Gran Sardiñada.
Festas na honra de San Ramón en Ambroa Irixoa
31 de agosto e 1 de setembro. Luns 31: Misa solemne ás 13:00h, sesión vermú e verbena con Xente Nova